viernes, 5 de junio de 2009

CHARLA CONDUCIÓN EFICIENTE

O pasdo 25 de maio, un dos responsables de formación e medio ambiente na cámara de comercio achegouse ata a nosa aula para darnos unha charla sobre conducción eficiente.

Ao principio fixemos como un pequeno debate sobre a importancia das enerxías non renovables,explicándolle as que nos coñeciamos,completando cos seus propios coñecementos sobre as mesmas, tamén falamos das renovables sinalando por exemplo os prexuizo destas sobre o medio ambiente.
Fíxonos ver que todas as persoas somos responsables deste grande consumo de enerxías..
Tamén asistimos a explicación de poder chegar a unha condución eficiente, e así non so aforrar nos senón tamén intentar mellorar o medio ambiente e a contaminación.
A nosa forma de conducir, sen darnos conta, pode provocar consecuencias no medio ambiente;o cal se pode cambiar cunhas mínimas pautas como pode ser:


Intentar usar o menos posible o aire acondicionado.

Non levar peso na vaca do coche.

Acostumarse a ir en marchas longas.

As rodas do coche sempre teñen que ir ben inchadas...

Estas pautas tan simples, pòdennos axuda a disminuir en gran cantidade o consumo.

Con esta charla pretendía concienciarnos sobre unha condución eficiente!! Xa que se pode lograr sen moitos esforzos!

lunes, 1 de junio de 2009